O vindeiro sábado 17 de xullo terá lugar un concerto caraterizado do dueto Xarima (piano e violín), seguido dunha Sesión Vermú.
O evento comeza ás 12:00 nos Xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario, e terá unha duración aproximada dunha hora.
Este espectáculo é de balde mais, por mor das restricións sanitarias, requírese reserva previa a través do correo turismo@mondarizbalneario.es.