Mondariz Balneario - Fonte de vida

Esencia

Vila termal por excelencia

Mondariz Balneario é un lugar ideal para pasear, de vida sosegada, xente hospitalaria e acolledora.  Ademais contamos cunha riqueza paisaxística e patrimonial, con recunchos que descubrir e unha gran cantidade de monumentos que visitar. A nosa vila é auga e esta está presente sempre (Rios, regatos, fontes, lavadoiros e levadas) e fan que a auga sexa fío condutor de calquera experiencia. O seu Balneario, deseñado e construído grazas á Familia Peinador, foi referente da cultura termal europea xunto con Bath, Baden-Baden e Vichy e atraeu a persoeiros tan ilustres coma Emilia Pardo Bazán, Emilio Castelar, Isaac Peral e Roquefeler III. entre outros. Hoxe, esta fermosa vila termal é un lugar tranquilo e engaiolante no que fuxirás do ruído e do estrés.

“Mondariz-Balneario estimulará tódolos teus sentidos, esquecerás o estrés e a contaminación”

A nosa historia

Mondariz Balneario: "Muy hospitalaria Villa"

Preto da nosa vila na veciña Parroquia de Pías atópase o poboado castrexo de Troña. Restos arqueolóxicos atopados neste lugar constátannos a presenza dos Galaicos e romanos moi preto da nosa vila. Na actualidade, non temos probas nin reseñas de que estas civilizacións usaran as augas mineiro medicinal do noso termo municipal.

Na época medieval é probable que as augas minerais da Fonte da Gándara foran empregadas polos veciños e moradores do Castelo de Sobroso dada a proximidade do mesmo. Conta a tradición que en 1282 na Capela de San Pedro, que se sitúa neste municipio, tivo lugar o casamento do rei Don Dinís de Portugal coa infanta Isabel de Aragón, filla de Pedro III e que máis tarde sería coñecida como Isabel de Portugal.

Os primeiros documentos escritos sobre as augas medicinais do noso concello son realizados Gómez de Bedoya e Pascual Madoz no 1772 e 1855 respectivamente.

O redescubrimento do manancial de Troncoso atribúeselle ao párroco Domingo Blanco Laxe. Con posterioridade o licenciado en medicina D. Sabino Enrique, acompañado dun hidrólogo, redescubre un manancial situado no Chan da Gándara no val de San Pedro. No ano 1873 as augas minerais de Mondariz son declaradas públicas polo Estado a iniciativa dos irmáns Peinador Vela. Neste intre comezará unha apisóante historia que será o inicio dunha das vilas termais más recoñecidas de Europa.

O 30 de novembro de 1924 nace o Concello de Mondariz Balneario e desde o 17 de abril de 1925 ostenta o título de “Muy Hospitalaria Villa”

Imprescindibles

Patrimonio Arquitectónico e Cultural

Xardíns: Os xardíns convertéronse nun espazo esencial onde os clientes poden dar saudables paseos e realizar actividades culturais e de ocio. Foron modificándose, tendo en conta as novas necesidades, a medida que o balneario ía medrando. O xardín municipal do Concello de Mondariz Balneario, coñecido como Os xardíns do Gran Hotel, conta cunha ampla  diversidade botánica tanto en especies coma en variedades de cultivo.  Destacan a Criptomeria do Palco (cryptomeria japónica) e unha parella de  Alciprestes de Portugal (cupressus lusitanica), incluídas  no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Tamén é salientabel  unha criptomeria elegante (Cryptomeria japonica ‘Elegans) recollida no catalogo de arbores  singulares  da provincia de Pontevedra.

A Fonte de Gándara: En 1873 concédeselle á familia Peinador o permiso para usar as súas augas. O seu aspecto foi cambiando ao longo dos anos. A finais do século XIX estaba protexida por unha cuberta de fundición e posteriormente, nunha nova intervención, déuselle unha aparencia máis acorde co luxoso Gran Hotel. Este proxecto foi realizado polos arquitectos Palacios e Otamendi. Nel destacaban dúas partes claramente diferenciadas: unha adicada á fábrica de embotellado e outra destinada a “tomar as augas”. A Fonte da Gándara convertirase a partir daquela nun símbolo do balneario e nun lugar de culto á saúde. Actualmente esta edificación pertence ao Balneario de Mondariz.

Gran Hotel: Construíuse a finais do século XIX pola necesidade de satisfacer a enorme demanda de hospedaxe. Foi deseñada por Genaro de la Fuente. Acabouse de construír no 1897 e inaugurouse no 1898. É de estilo ecléctico e lémbranos ao Palacio de Luxemburgo de París. Na actualidade esta edificación é un complexo residencial privado.

A Baranda: Este edificio, consecuencia da unión de varias construccións con distintos usos, é de comezos do século XX e obra de Antonio Palacios. De estilo modernista  amosa a corrente artística “Secesión Vienesa”. Actualmente é propiedade do Balneario de Mondariz.

O edificio Palacios ou Sanatorio: Iniciaronse as obras no 1909 e concluíronse na actualidade. A idea de D.Sabino Enrique era a de construir un edificio que servese para cubrir, a través da auga, as necesidades sanitarias dos visitantes. Pertence ao Balneario de Mondariz.

Casa de máquinas: Pavillón amplo e independente do Gran Hotel realizado en cantería. Constrúese arredor do derradeiro terzo do século XIX.  Ao longo da súa historia tivo varios usos e albergou  oficios como ferrería, ebanistería, carpintería de construción, lavandería,  cocheira, imprenta… A súa función principal foi primeiro , a de dar servizo ao Balneario e posteriormente á embotelladora. Actualmente pertence ao Concello de Mondariz Balneario.

Chalet de Don Jaime: Ubicado nos xardíns. Toma o seu nome do que fora administrador e contable da empresa Augas de Mondariz. Nas décadas anteriores ao incendio a planta baixa atopábase a carpintería/banistería e a primeira albergaba aos traballadores. Actualmente propiedade privada.

Cubre tuberías do Regato de Valdecide: Realizada pola fábrica de fundición de Sanjurjo Badía, é un elemento que se realizou para salvar o obstáculo do regato de Valdecide cando  transportábase a auga quente desde a Casa de Máquinas ata o Balneario.

Cruceiro situado nos xardíns municipais: Datado polo cronista oficial Alfonso Paredes Pardo a mediados do 1960. Na base podemos observar a inscrición “Raul CC”.

Invernadoiro: É no século XIX cando aparece nomeado en diferentes documentos. Situado a beira do regato de Valdecide e construído en ferro e granito, o seu deseño é de planta rectangular e ocupa unha superficie duns 120m2. Restaurouse recentemente e o seu propietario é o Concello de Mondariz Balneario.

Chalet de Dona María (coñecido como chalet nº3) e chalet de Don Luis (nº4): No bosque  atopamos restos de dúas edificacións que foron construídas a finais do século XIX co fin de satisfacer as demandas dos clientes máis esixentes. Actualmente son de propiedade privada.

Restos arqueolóxicos situados no bosque próximo á capela: Están datados como románicos e proceden de templos da comarca.

Capela do Balneario: Datada a finais do XIX  foi construída na honra da Virxe do Carme, patroa das augas. Actualmente é propiedade do Balneario de Mondariz.

Fonte de Troncoso: Gómez de Bedoya xa a menciona no 1772 na súa “Descripción de 54 fuentes minerales del reino de Galicia”. Pasou por diferentes fases e reformas; a intervención máis relevante, atribuída  a Antonio Palacios, realizouse cando a propiedade da fonte e o dereito de uso das augas pertencía á familia Peinador. A fonte componse de dúas partes: unha fabricada en cantería e outra en fundición. A fundición foi realizada pola empresa do ilustre inventor Sanjurjo Badía. Actualmente atópase en proceso de restauración.

Area recreativa de As Pedras: Á beira  do río Xabriña, no barrio de San Pedro, é un lugar  fermoso e tranquilo que conta cun merendeiro e que dá acceso á beira do río onde se poden atopar varios muíños de auga.

Penedo das tres cruces: Situado na área recreativa de As Pedras, poidera ser un monumento megalítico sagrado que probablemente se utilizase para realizar ceremonias e ritos paganos. Posteriormente foi cristianizado instalando sobre el tres cruces.

Capela de San Pedro: Situada no lugar de San Pedro, segundo varias fontes o seu orixe é medieval , o longo da súa historia experimentou múltiples reformas. Da súa primeira época conservase unha cruz paté no cumio do tellado. Conta a tradición popular que no 1282 celebrouse nesta capela o enlace real entre o rei Don Dinis de Portugal, neto de Alfonso X o Sabio, e a infanta Isabel de Aragón.

Outros edificios emblemáticos: Ao longo da historia, ademais do balneario, existiron outras edificacións dirixidas  ao aloxamento dos visitantes: hoteis, pensións, casas de hóspedes… Na actualidade, aínda  que con outros usos, seguen en pé algúns edificios que se adicaron a aloxar aos agüistas como ó Hotel Avelino, Villa Flora, Hotel Continental, Villa de París , Hotel Francés, Hotel América, Hotel Roma, Quinta de Outón…

Turismo Verde

Natureza en estado puro

Turismo Verde nace da necesidade de poñer en valor elementos paixasísticos da nosa vila como son as fragas, os bosques e as levadas. Partindo do centro da vila e sen depender do automóvil, podes vivir unha enriquecedora experiencia percorrendo as nosas sendas e camiños. A auga dótanos de identidade propia; o río Tea e os seus afluentes, o río Xabriña e o regato de Valdecide, atravesan o concello agasallándonos con paisaxes inigualables cunha gran riqueza en fauna e flora e baixo o amparo da Rede natura 2000.

Ruta circular de 2,59 km, parte do centro da vila. En poucos minutos permitira adentrarse na preciosa fraga do Rial, de gran valor ecolóxico, ofrecendo unha bonita camiñada entre corredoiras e leiras a beira da antiga Levada de Cambelas.

Ver a ruta

 

Descargar ruta

Un paseo fluvial arbolado de  850 m. a  carón do rió Tea, que arranca na fonte de  Troncoso. (Fonte de auga medicinal, cuberta  cun forxado de ferro de estilo isabelino, e escaleiras de marmol).

Localización: 42.2205858, -8.4878979,14.

Os nosos servizos

Equimamento

Balneario
SPA
Golf
Ximnasio
Hípica
Espazo aventura/Paintball
Escola de Piragüismo

Balneario de Mondariz (Máis info)
Hotel CEMAR (Máis info)
Aparatamentos Balnea

Atalaya (Máis info)
Boas Migas (Máis info)
Mixturas (Máis info)
Regato de Valdecide (Máis info)
Restaurante e Cafeteria do Balneario de Mondariz
Yago´s (Máis info)
Bar Cafetería Lourdes (Máis info)
Cafetería do Hotel CEMAR (Máis info)
La del Río
Cafetería chocolat (Máis info)

Estación de Servizo Mondariz (Máis info)
Carnicería O Galego (Máis info)
Las Colonias (Máis info)
Peluquería As Camelias (Máis info)
Farmacia Balneario (Máis info)
Supermercado Ondas Mondariz Balneario
Acomoda en Mondariz-Balneario
Pixeralia
Lavandería Puma Clean Mondariz Balneario (Máis info)
Gala Termal (Máis info)
Lapido & Asociados

Biblioteca (Máis info)
Centro de Saúde (Máis info)
Casa da Cultura (Máis info)
Centros educativos
Oficina de turismo
Espazo municipal de emprendemento
Parques infantís
Pistas polideportivas municipais

Taxi Gerardo | 626 403 886 (Máis info)
Taxi Julio | 609 110 228 (Máis info)

Festas & tradiccións

San Brais e as castañas do cocido (febreiro)
Festas do Carme (16 de xullo)
Romaría do Xabriña (fin de semana próximo a festividade de San Pedro)
A “temporada” (mediados de setembro)
Mostra de Petiscos
Campionato de Fútbol Sala (verán)
Competicións de piragüismo
Festividade da Franqueira (festividade 20 de Maio)
Festividade de Lourdes (12 de febreiro)

Descargas

Patrimonio

Senderismo

Programación