Ao abeiro das subvencións do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan +Provincia) 2024, A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Mondariz Balneario un importe de 11.872,64€ para a realización das actividades culturais do ano 2024, que serán as seguintes:
- Actuación musical Pé de Pote
- Actuación musical Voces de Arrieiro
- Teatro do centro dramático galego
- Conferencia e roteiro cultural do San Xoán
- Concerto banda de música de Unión de Guláns
- Festival cómico “Comic-Fest”
- Cine de verán (4 filmes)
- Concerto banda de música cultural de Mondariz
- Concerto Asociación Mistura Vocal