Punto limpo
Xoves de 9:00 a 14:00
Telf: 986 656 136
Correo electrónico: concello@mondarizbalneario.es
PUNTO LIMPO MÓBIL
Charla informativa
O día 3 de decembro, ás 19:00h, celebrarase no Auditorio do Concello unha charla informativa aberta a toda a veciñanza.
Para tirar residuos no PUNTO LIMPO pódese facer por conta propia, todos os xoves de 9:00 a 14:00 horas, ou a través do servizo municipal, que realizará unha recollida domiciliaria o primeiro e terceiro xoves de cada més.
Para eso hai que avisar ó concello, ben persoándose nas oficinas municipais, ben chamando por teléfono o número 986 656 136 ou ben a través do correo electrónico do concello: concello@mondarizbalneario.es
RECOLLIDA SELECTIVA
Dende decembro do 1979, Mondariz-Balneario conta cunha Biblioteca Pública Municipal, ocupando esta a metade daplanta baixa do edificio da Casa Consistorial. Cunha superficie total de 90 m2,posúe dúas salas de lectura,sendo unha infantil e a outra de consulta,separadas ambas por unha fila dobre de cinco estantes.
A recollida selectiva consiste na separación en orixe de residuos limpos e na recollida destes residuos en contedores separados.
As vantaxes da recollida selectiva son:
- Aforro de materia prima.
- Aforro de enerxí.
- Menor contaminación das industrias no proceso de fabricación.
- Os residuos depositaranse nos diferentes contedores de recollida selectiva:
Iglú verde: vidro ( tarros, frascos, botellas )
Iglú azul: papel e cartón. (caixas de cereais, galletas, xornais, revistas, …)
Iglú amarelo: envases metálicos (latas de conservas, de refrescos, etc), de plástico (deterxente, auga, etc), brik (zume, leite, etc)
O PUNTO LIMPO
O Concello de Mondariz Balneario amosa a súa preocupación polo medio ambiente, por iso conta cun centro de recollida de lixo como é un punto limpo.
Os Puntos Limpos son recintos situados no entorno das cidades, vilas, pobos e aldeas e que teñen o obxectivo fundamental de servir ós cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.
Obxectivos dos Puntos Limpos
Créanse puntos centralizados para o depósito por parte dos cidadáns daqueles residuos recollidos selectivamente para os que sexa necesaria unha xestión específica, polo seu tamaño, residuos voluminosos, ou a súa composición, pilas, disolventes e outros materiais. Os obxectivos principias de estas instalacións son:
- Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
- Evitar o verquido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
- Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc
O punto limpo é un recinto de recollida e xestión de residuos producidos no ámbito domiciliario. (Para os residuos producidos no ámbito industrial, a Xunta conta cós Centros Verdes).
RESIDUOS ADMISIBLES NO PUNTO LIMPO
- Vidro (iglú)
- Papel (iglú)
- Cartón (iglú)
- Bricks, latas, envases.
- Madeira.
- Metais: aluminio, ferro, cobre, aceiro inoxidable, etc
Plásticos.
Voluminosos
- Electrodomésticos
- Enseres, mobles, colchóns, somieres, caixas portas e marcos, etc
- Escombros inertes de obra.
Tóxicos e perigosos
- Aceites vexetais de cociña e minerais dos coches.
- Baterías de coche.
- Disolventes.
- Pilas.
- Sprays / aerosoles
- Radiografías
- Tubos fluorescentes.
- Pinturas e disolventes
Residuos non admisibles:
- Materiais sen clasificar
- Materia orgánica
- Zapatos e roupa
- Residuos infecciosos, clínicos, biosanitarios ou citotóxicos.
- Residuos radioactivos. (Pararraios…)
Residuos industriais de grandes e medianas empresas. - Residuos agrícolas ou gandeiros.
Residuos xerados por actividades mineiras ou extractivas - Productos procedentes de decomisados
- Calquera outro residuo que non sexa facilmente identificable e clasificable na categoría de admisible.
Día mundial da auga 2024
A auga un recurso valiosísimo, do que Mondariz Balneario ten o privilexio de gozar e a responsabilidade de coidar, no...
Visita ás instalacións municipais de Saneamento e Abastecemento de Auga
Onte o noso alcalde, César Gil e o concelleiro de Medio Ambiente, Mauro Chivite foron visitar todas as instalacións...
Programa de Voluntariado ambiental interxeneracional 2022
Aberto o prazo de inscrición para o Programa de Voluntariado Ambiental interxeneracional da Xunta de Galicia.
Convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude 2022 e do Concurso Reacción polo Clima 2022
Aberta convocatoria para os Premios Provinciais á Xuventude 2022 e o Concurso Reacción polo Clima 2022. Consulta as bases e participa!
Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais
O Concello de Mondariz Balneario vén de publicar o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais. Axúdanos a coidar a nosa natureza!
Plantación de cactos no invernadoiro dos xardíns do Gran Hotel
O Concello procedeu, recentemente, á contratación do deseño e posterior plantación dunha colección de cactos e suculentas.
INFORMACIÓN SOBRE AS ÁRBORES DOS ESPAZOS VERDES DO CONCELLO, INFORME E REPORTAXE FOTOGRÁFICA
>> Informe da Estación Fitopatolóxica Areeiro >> Reportaxe fotográfico dás árbores
Pacto das Alcaldía para o Clima e a Enerxía
>> Ver máis información >> Ver cartel en tablón anuncios >> Ver certificado acordo plenario...
PLAN REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Apúntate á compostaxe! Ver a web do Plan Revitaliza