Ao Abeiro do Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade, convocado mediante Resolución do 29 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, o Concello de Mondariz Balneario recibiu unha subvención por un importe de 12.312,10€.
O Concello dedicará dito importe para a realización de bolsas de coidado e plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade.