Sesións plenarias en directo
¡Ver aquí!
Novas e actualidade
Concello de Mondariz Balneario
Concello de Mondariz Balneario acaba de conseguir fondos do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas por valor de 6.111,54€ coa finalidade de suministrar material deportivo para as instalacións deportivas, a suministración será de porterias, aros, xogos de redes, material deportivo para futbito, baloncesto e tenis asi como elementos para a práctica deportiva.
O Concello de Mondariz Balneario acaba de conseguir fondos do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas por valor de 17.242,50€ coa finalidade de suministrar o equipamento necesario para uso das instalacións deportivas. Con este fondos dotarase os espazos do equipamento na zona de vestiarios e baños asi nas zonas do xinmasio e almacén.
O Concello de Mondariz Balneario ao abeiro da liña 3 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra consigue fondos para a contratación de 5 peóns forestais, 1 peón recollida de lixo, 1 peón de oficios varios e 1 técnico/a de turismo. Os contratos serán formalizados durante este ano 2026. A inversión será de 77.194,26€ dos cales a Deputación de Pontevedra achega 61.785,44€
Próxima apertura do prazo de presentación de solicitude para praza na escola infantil municipal para o curso 2026-2027
Dende o 15 de maio ata o 15 de xuño poderáse presentar a solicitude para inscrición na escola infantil municipal para o próximo curso 2026-2027. Máis información neste anuncio e nas oficinas do Concello. Solicitude
Aberto o prazo de inscrición para o servizo de conciliación de verán en Mondariz Balneario
¡ATENCIÓN! Aberto o prazo para anotar aos nenos e nenas ao servizo de conciliación deste verán en Mondariz Balneario. Este ano ampliamos número de prazas polo éxito en anteriores convocatorias, pasamos de 20 prazas a 30 prazas en cada turno. Aquí vos deixamos toda a...
❗ABERTA A LICITACIÓN DOS POSTOS 2 E 3 DO MERCADO MUNICIPAL❗
Dende o día 22 de Abril está aberto o prazo para presentar solicitudes para a utilización dos postos 2 e 3 do noso mercado municipal. Un mercado recién renovado que coas dúas actuacións no seu exterior (Humanización e creación dun aparcamento público) vai ser un...












