O Concello de Mondariz Balneario
O pobo de Mondariz Balneario constituíuse en Concello o 30 de novembro de 1924, ostentando dende entonces o titulo de “Moi Hospitalaria Vila”, concedido
por Alfonso XIII e o Xeral Primo de Rivera, en agradecemento o bo trato que os veciños lle deparaban nas súas frecuentes visitas a Vila.
Alcaldía
Na sesión de constitución da corporación de data 17 de xuño de 2023 resultou elixido alcalde do Concello César Gil Bernárdez, cabeza de lista da candidatura presentada polo BNG.
.
Composición do Pleno do Concello
- César Gil Bernárdez (BNG)
- Rosa María Alcalde Seijo (BNG)
- José Luis Bouza Paz (BNG)
- Aurora Corbacho Quintela (BNG)
- Mauro Chivite Alcalde (BNG)
- María Luisa Domínguez Álvarez (PP)
- Carlos Abril Candeira (PP)
As sesións ordinarias do Pleno teñen lugar o último xoves hábil dos meses pares, ás 19:00 horas (OUTUBRO-DECEMBRO-FEBREIRO-ABRIL) e as 20.00 horas (XUÑO E AGOSTO), no salón de actos da Casa do Concello.
Sempre que a actualidade do concello así o requira, celebraranse sesións extraordinarias.
Composición da Xunta de Goberno Local
A Xunta de Goberno Local é un dos órganos executivos do Concello.
Está presidida polo alcalde, César Gil Bernárdez, e intégrana ademais dous Concelleiros: Rosa María Alcalde Seijo, primeira tenente de alcalde, e José Luis Bouza Paz, segundo tenente de alcaldia.
A Xunta de Goberno Local reúnese en sesión ordinaria o primeiro e terceiro luns de cada mes, ás 09:00 horas e de forma extraordinaria cando sexa necesario.