O Concello de Mondariz Balneario e o Grupo Ecoloxista ADENCO organizan unha nova edición das Xeiras Micolóxicas, que este ano chegan á súa 31ª edición.
Mondariz Balneario volverá ser punto de referencia para a micoloxía do sur de Pontevedra, con actividades en relación aos cogomelos o primeiro fin de semana de novembro. Realizaranse varios roteiros micolóxicos, unha exposición de cogomelos e rutas guiadas pola vila balnearia.
Para anotarse nas actividades é preciso enviar un correo electrónico a adencotea@yahoo.es. As prazas son limitadas.
Con esta nova edición das Xeiras, Adenco e o Concello de Mondariz Balneario renovan o seu compromiso pola posta en valor dos recursos naturais do concello, desestacionalizando as propostas máis alá do verán e descubrindo o mundo da micoloxía, acercando á sociedade aos cogomelos.