O Concello de Mondariz Balneario recibiu unha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra por importe de 746,11€, destinada a financiar os custos derivados da prestación de servizos de información en oficinas de turismo adheridas á rede de oficinas de turismo “INFO RÍASBAIXAS” imputables ao exercicio 2023 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra.