O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2023.

Beneficiarias:
a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís.
b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións non gobernamentais, integradas polos membros de entre 14 e 30 anos da entidade, que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
c) Entidades prestadoras de servizos á mocidade, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da mocidade segundo previsión expresa nos seus estatutos.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de abril de 2023.
Máis información no BOE do 15 de marzo de 2023 e www.injuve.es