A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pon en marcha para 2022 a segunda edición do Programa de Voluntariado Ambiental, de carácter interxeracional e totalmente gratuito para as persoas voluntarias, que se desenvolverá durante as fins de semana, a partir do 29 de abril, prolongándose ata o mes de setembro.
Están programadas 20 actividades, ampliándose a oferta a 270 prazas nos seguintes espazos naturais:
- Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: lla de Ons
- Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Illas Cíes
- Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia: Illa de Cortegada
- Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia: Illa de Sálvora
- Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
- Parque Natural O Invernadeiro
- Parque Natural Serra da Enciña da Lastra
- Parque Natural Monte Aloia
- Parque Natural Fragas do Eume
- Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés
- Reserva da Biosfera Terras do Miño Mondoñedo
- Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
- Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras do Burón Ribadeo
- Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel
- Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá
A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento (autobús desde Santiago de Compostela e/ou barco), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas.
Prazo e método de inscrición:
O prazo de inscrición comezará o día 18 de abril ás 12.00 horas na web de Voluntariado: https://voluntariadogalego.org/
Máis información: programas.xuventude@xunta.gal
Teléfono: 881 999 567