Tras a suspensión da actividade na data prevista por mor da choiva, comprácenos comunicarvos que, finalmente, a Sesión Vermú temática terá lugar o vindeiro sábado 16 de xullo, nos xardíns do Gran Hotel.
Música a cargo de Alex Pita DJ e bebidas de Aguas de Mondariz, Povarelo e Galician Brew. Colabora: Turismo Rías Baixas.