O dia 15 de outubro de 2024 cumpriranse 100 anos do acordo plenario do Concello de Mondariz (Pontevedra), que aprobou a segregación respecto do Municipio, da Entidade Local Menor de Mondariz-Balneario e o domingo dia 30 de novembro celebrábase sesión constitutiva do Concello. Dito acordo, constitución como Concello independente e conseguinte alteración do termo municipal, publicaríanse na Gaceta de Madrid do 14 de xaneiro de 1925. Dende o 17 de abril de 1925 ostenta o título de “Muy hospitalaria Villa”. Actualmente, o municipio de Mondariz-Balneario, conforme ao Nomenclátor da Galiza , está formado por unha Parroquia, Nosa Señora de Lurdes, e dividido en cinco Lugares, O Escobeiro, Mondariz-Balneario, O Pazo, San Pedro e Troncoso. O seu territorio ocupa unha superficie de 2,31 Km2 e a súa poboación é de 680 habitantes, cunha densidade de 294,37 Hab./km² . Dende o 16 de xuño de 1873, data do recoñecemento da utilidade pública das augas mineromedicinais dos manantias, é Vila Termal e intégrase na Sección de Entidades Locais con Aguas Minerais e Termais da FEMP e é membro da Asociación, pertenciente ao Consello de Europa, de Cidades Termais Históricas. Alén diso, o Consello de la Xunta de Galicia acordou o 7 de mayo de 1999 declaralo municipio turísitico galego
Artigos recentes
- ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA O SAMAÍN 2026
- Bases reguladoras para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal na categoría profesional de auxiliar de axuda a domicilio para o Dpto de servizos sociais do Concello de Mondariz Balneario
- Mondariz Balneario recibe case 500.000 euros do PERTE da Auga para dixitalizar toda a súa rede hídrica
- Concello de Mondariz Balneario acaba de conseguir fondos do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas por valor de 6.111,54€ coa finalidade de suministrar material deportivo para as instalacións deportivas, a suministración será de porterias, aros, xogos de redes, material deportivo para futbito, baloncesto e tenis asi como elementos para a práctica deportiva.
- O Concello de Mondariz Balneario acaba de conseguir fondos do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas por valor de 17.242,50€ coa finalidade de suministrar o equipamento necesario para uso das instalacións deportivas. Con este fondos dotarase os espazos do equipamento na zona de vestiarios e baños asi nas zonas do xinmasio e almacén.