A auga un recurso valiosísimo, do que Mondariz Balneario ten o privilexio de gozar e a responsabilidade de coidar, no que se sustenta directamente boa parte do tecido económico da nosa comarca. Un recurso indispensábel o tempo que delicado, que temos que protexer e compartir, pois é en si mesma unha creadora de prosperidade e harmonía para o conxunto da sociedade, intrínseca a tódolos aspectos da vida, fornecedora de saúde, de alimentos, de enerxía..
A auga é máis que un recurso natural, é un dereito humano, e é por iso que este ano o lema mundial do día da Auga 2024 é *Auga para a Paz* ,
Dende o Concello de Mondariz Balneario sumámonos e reivindicamos o lema escollido, ao tempo que convidamos a participar de balde na cata de augas na Fonte de Gándara ás 17h (necesaria inscrición previa) e das interesantes palestras que teremos na casa da cultura o vindeiro día 22 a partir das 19h.