Un ano máis dente a Secretaría Xeral pola Igualdade contan cos GDRs galegos para a realización de actividades que sirvan para a sensibilización e concienciación social contra a violencia de xénero. Desta volta os 24 GDRs galegos realizarán unha andaina en cada territorio o mesmo día a cal rematará cunha videochamada conxunta.

A andaina deste GDR será de percorrido circular de aproximadamente 6 kms, a cal partirá das Pistas Polideportivas de Mondariz Balneario para, dende aí subir pola Senda do Tea ata a Ponte de Cernadela no Concello de Mondariz e vir de volta cara o punto de orixe pasando polo núcleo do Concello de Mondariz. Ao remate contarán cunha actuación musical dun grupo local así como uns pequenos petiscos. Podedes consultar o track do percorrido.

É preciso inscribirse para poder asegurar aos participantes, enviando un correo ao gdr@gdrcondadoparadanta.gal ou no teléfono 986 66 33 29. Ademáis para os 100 primeiros inscritos haberá un agasallo.

 

Consulta aquí a ruta