Xa chegaron as Xeiras micolóxicas 2023, e nesta ocasión con moitas novidades.

Durante a fin de semana do 3 e 4 de novembro realizaranse actividades ao redor dos cogumelos. Acompañaranos os guías Óscar Requejo do Grupo Micolóxico Galego Luis Freire e Anxo F. Saborido da Asociación Cultural Seraogna.

  • O día 3 ás 20.00 h teremos unha charla de iniciación á micoloxía na sala de cultura.
  • O día 4 ás 10.00 h faremos unha saída micolóxica pola vila e arredores recollendo os cogumelos máis interesantes.

As prazas para esta actividade son limitadas, e terán preferencia na inscrición aquelas persoas que estean empadroadas neste concello.

Para anotarse hai que enviar un correo a turismo@mondarizbalneario.es indicando nome completo, un teléfono de contacto e indicar o padrón (poderemos solicitar a acreditación da documentación en calquera momento).

 

Como novidade, poderedes desfrutar dos pratos elaborados con cogumelos nos diferentes locais da vila. Deixámosvos as súas propostas aquí mesmo:

  • Restaurante Atalaya: Rabo de vaca estofado a baixa tempura con cogumelos de tempada
  • Restaurante Boas Migas: Lasaña de cabaciño con medclum de cogumelos e trufa
  • Restaurante La del río: Lebre ao chocolate con trompetas da morte
  • Restaurante Mixturas: Cogumelos en tres texturas con codillo
  • Restaurante O Regato: Cogumelos de tempada e neve micuit
  • Restaurante Simoneta&Co: Estofado de cogumelos ao Pedro Ximénez con ovos poché e Galmesano
  • Restaurante Yagos: Cogumelos estilo Yagos