O vindeiro 23 de setembro recibiremos aos membros da Real Academia Galega en Mondariz-Balneario.

Ás 12 da mañá haberá unha recepción na sala de cultura e a continuación unha visita guiada pola vila. Pola tarde, o auditorio Infanta Isabel do Balneario de Mondariz acollerá a partir das 17:30 horas a sesión académica, aberta ao público ata completar a capacidade do salón. A tarde rematará cun concerto de Amancio Prada (20:00 horas), tamén aberto ao público, que contará ademais coa participación da Coral de Ruada e o coro Agarimos da Terra.

 

Tedes toda a información no seguinte enlace

https://academia.gal/-/kathleen-march-entra-na-rag-como-acad-c3-a9mica-de-honra-no-regreso-da-instituci-c3-b3n-ao-balneario-de-mondariz?redirect=%2Finicio