/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ VIOPET, o servizo de acollida para as mascotas das vítimas de violencia de xénero | Concello de Mondariz Balneario

VIOPET é un programa de atención e acollida para animais de vítimas de violencia machista, aínda que tamén se atenden casos de violencia intrafamiliar ou paterno filial. Establécese un servizo de atención 24 horas dos casos provenientes directamente de vítimas ou recursos municipais, forzas e corpos de seguridade relacionados con animais de mulleres vítimas de violencia machista.

Os animais mantéñense preferentemente en casas de acollida voluntarias, ás que o equipo de VIOPET mantén constantemente atendidas. Ademais, a información que se ofrece ás vítimas de forma frecuente sobre os seus animais pasa sempre a través de VIOPET, co obxectivo de manter o anonimato e a seguridade da casa de acollida, do animal e da propia vítima.

O recurso de acollida de animais é de carácter temporal, xa que o obxectivo é o retorno coa vítima unha vez que ela adquira solución habitacional de maneira individual ou familiar. Pódese solicitar máis información no correo viopet@mdsocialesa2030.gob

Así mesmo, os materiais de difusión de VIOPET poden descargarse en formato dixital a través desta ligazón.