Xa podes solicitar o teu abono para viaxar gratis en Renfe. O abono é gratuíto, cuadrimestral e unipersoal. No momento da compra do abono, deberás elixir as dúas estacións (orixe/destino) entre as que vas viaxar.
O abono é válido para todos os días do cuadrimestre adquirido:
– Primeiro cuadrimestre: validez desde o 1 de xaneiro de 2023, ou data de compra posterior, ata o 30 de abril de 2023
– Segundo cuadrimestre: validez desde o 1 de maio, ou data de compra posterior, ata o 31 de agosto de 2023
– Terceiro cuadrimestre: validez desde o 1 de setembro, ou data de compra posterior, ata o 31 de decembro de 2023
Os abonos do segundo e terceiro cuadrimestre poderanse adquirir con dous meses de antelación.
Podes adquirir o teu abono nos puntos de venda habituais: renfe.com, máquinas autoventa e despachos de billetes da estación.
Poderás formalizar as túas viaxes nas seguintes canles: App de Renfe, renfe.com, máquinas autoventa e despachos de billetes da estación.
O abono é gratuíto, para adquirilo debe abonarse unha fianza de 20 euros (por abono e cuadrimestre). Recoméndase o pago mediante tarxeta de crédito/débito.