Desde a Asociación Lar Pro Saúde Mental, achégannos as pezas divulgativas creadas no marco do proxecto “Un intruso no meu cerebro”, elaborado en colaboración coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, e dirixido á loita contra o estigma das enfermedades mentais na mocidades de entre 11 e 13 anos.
“Un Intruso no meu cerebro” consiste nunha Campaña de Sensibilización sobre a saúde mental no ámbito infanto-xuvenil a través de diversas pezas divulgativas (cómic, curta de animación, GIF, adhesivos e pasatempos), deseñadas dende unha perspectiva lúdica, dinámica e divertida.
Ademáis de presentarnos este material, pídennos que vos animedes a participar no CONCURSO DE CREACIÓN ARTÍSTICA relacionada ca temática da Saúde Mental, e lles enviedes as vosas propostas antes do vindeiro 19 de decembro, xa que o dÍa 21 do mesmo mes comunicaránse os gañadores dos tres premios (1º: Tablet, 2º Ebook, 3º Auriculares inalámbricos).
Aquí vos deixamos o comic: Comic – Un intruso no meu cerebro
Podedes consultar aquí as bases e visionar a curta INTRUSO no seguinte enlace: Bases do concurso
https://www.youtube.com/watch?v=vOoO38QQE7s