O Gran Hotel xurdiu da necesidade de satisfacer a enorme demanda de hospedaxe a finais da década dos anos 80 do século XIX. Nestas datas os irmáns Peinador xa construíran unha casa de baños. No 1893 colócase a primeira pedra do hotel. Este edificio foi deseñado por Xenaro de la Fonte e a súa construción non se remata ata o ano 1898. O edificio dividíase en tres corpos con disposición en E, destacando no seu interior unha grandiosa escaleira tipo imperial. Estaba decorado con sedas da casa Liberty e lúas de Pereantón de Madrid.