Rutas de Senderismo

Rutas

Ao longo deste percorrido por Mondariz balneario verás lugares emblemáticos, históricos e naturais, como a capela de San Pedro, o gran hotel, o complexo termal, as termas, etc. Trátase dun percorrido de aproximadamente 4 km, que comeza no complexo termal e remata na fonte do Troncoso.

A través desta ruta percorrerá unha zona chea de espiritualidade e de historia. Visitará os edificios e monumentos relixiosos máis destacados dos arredores de Mondariz Balneario, como a casa reitoral de Barcia de Mera ou o cruceiro dos aflixidos, do mestre Cerviño, e ademais poderás deterte a descansar nas praias fluviais de Ceo ou Maceira.

Nesta ruta descubrirá interesantes restos arqueolóxicos e monumentos de gran importancia histórica. Partindo de Mondariz Balneario, pasará polo Castro de Troña para rematar no Castelo de Sobroso.

A través desta ruta percorrerá unha zona chea de espiritualidade e de historia. Visitará os edificios e monumentos relixiosos máis destacados dos arredores de Mondariz Balneario, como a casa reitoral de Barcia de Mera ou o cruceiro dos aflixidos, do mestre Cerviño, e ademais poderás deterte a descansar nas praias fluviais de Ceo ou Maceira.

Un paseo fluvial arbolado de  850 m. a  carón do rió Tea, que arranca na fonte de  Troncoso. (Fonte de auga medicinal, cuberta  cun forxado de ferro de estilo isabelino, e escaleiras de marmol).

Localización: 42.2205858, -8.4878979,14.

O Río Tea ao seu paso por Mondariz Balneario agasállanos con paseo de de tránsito fácil e cheo de recunchos de  singular beleza.