Xurdiu da necesidade de satisfacer a enorme demanda de hospedaxe a finais da década dos anos 80 do século XIX. Nestas datas os irmáns Peinador xa construíran unha casa de baños. No 1893 colócase a primeira pedra do hotel. Este edificio foi deseñado por Xenaro de la Fonte e a súa construción non se remata ata o ano 1898. O edificio dividíase en tres corpos con disposición en E, destacando no seu interior unha grandiosa escaleira tipo imperial. Estaba decorado con sedas da casa Liberty e lúas de Pereantón de Madrid.
Foi redescuberto no 1872 por Sabino Enrique Peinador. Esta fonte sufriu varias reformas para o seu acondicionamento.
Para darlle unha aparencia acorde co luxoso aspecto do Gran Hotel realizouse unha remodelación no espazo da fonte. Este proxecto encargóuselle a os Sres. Palacios e Otamendi no que destacaban dúas partes claramente diferenciadas; unha destinada á fábrica de embotellado e outra para tomar as augas. A Fonte da Gándara será o símbolo do balneario desde aquela, converténdose nun lugar de culto á saúde.
Foi realizada por Antonio Palacios e concluíse no 1915. Este edificio forma parte actualmente do Balneario de Mondariz.
Iniciáronse as obras no 1909 e nunca se remataron. A idea de D.Sabino Enrique era construír un edificio que servise para cubrir as necesidades sanitarias dos visitantes a través da auga, dotándoo de sistemas de hidroterapia. Os deseños foron realizados por Antonio Palacios. Actualmente este edificio pertence ao Balneario de Mondariz.
Na parte traseira do Gran Hotel atopámonos uns xardíns de estilo francés onde poderemos gozar dun agradable paseo e visitar un precioso invernadoiro recentemente restaurado. No bosque atópase a capela do balneario na honra da Virxe do Carme, patroa das augas. A beira da capela poderemos observar restos románicos de templos procedentes da comarca.
Invernadoiro do Gran Hotel: Coñecido como «estufa de multiplicación». Os xardíns e o invernadoiro son un símbolo de luxo e elegancia desde tempos do II Imperio francés. Aparece por primeira vez nos planos de 1900, mais non é ata 1920 cando a «estufa de multiplicación» é substituída por un invernadoiro, unha construción de ferro e granito situada á beira do regato de Valdecide, de planta rectangular duns 120 m2.
Fonte de Troncoso. Foi redescuberta por D. Domingo Blanco Lage en 1862. O párroco mandou realizar obras de acondicionamento do manancial. Posteriormente, mantense un largo litixio entre la familia Peinador e o Concello de Mondariz pola propiedade e a explotación da Fonte de Troncoso. Rematando a resolución do conflito a favor dos Peinador, será nese momento cando se realizan reformas na fonte.
Área recreativa de San Pedro. Bañado polo río Xabriña atoparemos este fermoso e tranquilo espazo natural onde se atopa o alcumado coma “Dolmen das Tres Cruces”, lugar de rezo na peregrinación ao Santuario da Franqueira.
Capela de San Pedro. Datada no S.XIII sufriu múltiples reformas no S.XIX.