Directorio

Vila Termal e Hospitalaria

Esta experiencia lévalle a un dos municipios máis especiais de Rías Baixas, polo ben que soubo conservar o seu aire de principios do século XX, a fama a nivel nacional das súas augas, así como pola gran calidade que transmite a súa imaxe; non en van o seu balneario foi galardoado como o mellor de España en varias ocasións.
Si, estamos a falar de Mondariz-Balneario.

Unha ampla oferta trurística, con gran  variedade de actividades complementarias para disfrutar dun entorno privilexiado.

Complexo Cemar

Lugar Arrocha, 0, 36890 Mondariz-Balneario, PO

Teléfono: 986 66 23 77

www.hotelcemar.es

Apartamentos

Os apartamentos “As Camelias“ atópanse emprazados no núcleo urbano de Mondariz Balneario
Trátase de varios apartamentos completamente equipados: (Lavadora, neveira, vitrocerámica, toallas, roupa de cama, menaxe de cocina, vaixela, etc.), que poden ser utilizados por días, fines de semana, semanas, quincenas…

Teléfonos: 986 662 150 / 651 637 681

Turismo Rural

Típica casa de campo galega, a súa orixe remóntase a finais do século XIX, formado por un conxunto de dúas casas e outras construccións de pedra, rodeadas dunha leira de 18.000 mts. 7 habitacións dobres, unha delas sen barreiras arquitectónicas, con baño, televisión (canal plus), teléfono e calefacción.

Nogueiras, castiñeiros, camelios e buxos centenarios unidos a outras plantas conforman os exteriores.

Na casa pódense practicar todo tipo de xogos de mesa e ademais petanca e croquet.

“O Cuco” encóntrase na parroquia de Vilar.

 

As Cavadas, 4 – VILAR – 36874 | Telf:  609 803 125