Turismo

Esencia

Vila termal por excelencia

Mondariz Balneario é un lugar ideal para pasear, de vida sosegada e xente hospitalaria  e acolledora.  Contamos cunha gran riqueza paisaxística e patrimonial, con fermosos recunchos por descubrir e unha gran cantidade de monumentos que visitar.  

A nosa vila é auga e esta está sempre presente. Ríos, regatos, fontes, lavadoiros e levadas fan que a auga sexao fío condutor de calquera experiencia. O Balneario, deseñado e construído grazas á Familia Peinador, foi referente da cultura termal europea xunto con Bath, Baden-Baden e Vichy e atraeu a persoeiros tan ilustres coma Emilia Pardo Bazán, Emilio Castelar, Isaac Peral e Roquefeler III,  entre outros.  

Hoxe, esta fermosa vila termal é un lugar tranquilo e engaiolante no que fuxirás do ruído e do estrés. “Mondariz-Balneario estimulará todos os teus sentidos,  esquecerás  o estrés e a contaminación” .

A nosa historia

Mondariz: Unha Viaxe a través da súa historia e Patrimonio

Preto da nosa vila, na veciña parroquia de Pías, atópase o poboado castrexo de Troña. Restos arqueolóxicos atopados neste lugar constatan a presenza dos castrexos e romanos . Na actualidade non temos probas nin reseñas de que estas civilizacións usaran as augas mineiro medicinais.

Na época medieval é probable que as augas minerais da Fonte da Gándara foran empregadas polos veciños e moradores do Castelo de Sobroso dada a proximidade do mesmo.  Conta a tradición que en 1282, na Capela de San Pedro,  tivo lugar o casamento do Rei Don Dinís de Portugal coa Infanta Isabel de Aragón, filla de Pedro III e que máis tarde sería coñecida como Isabel de Portugal.

Os primeiros documentos escritos sobre as augas medicinais do noso concello son de Gómez de Bedoya (1772) e Pascual Madoz ( 1855).

O redescubrimento do manancial de Troncoso atribúeselle ao párroco Domingo Blanco Laxe. Con posterioridade, o licenciado en medicina D. Sabino Enrique, acompañado dun hidrólogo,  redescubre un manancial situado no Chan da Gándara no val de San Pedro. No ano 1873 as augas minerais de Mondariz son declaradas públicas polo Estado a iniciativa dos irmáns Peinador Vela. A partir deste momento comezará unha apaixoante  historia sobre unha das vilas termais máis recoñecidas de Europa.

O 30 de novembro de 1924 nace o Concello de Mondariz Balneario e desde o 17 de abril de 1925 ostenta o título de Muy Hospitalaria Villa.

Imprescindibles

Patrimonio Arquitectónico e Cultural

O Gran Hotel Construíuse a finais do século XIX pola necesidade de satisfacer a enorme demanda de hospedaxe. Foi deseñada por Genaro de la Fuente. Acabouse de construír no 1897 e inaugurouse no 1898. É de estilo ecléctico e lémbranos ao Palacio de Luxemburgo de París. Na actualidade esta edificación é un complexo residencial privado.

Casa de máquinas: Pavillón amplo e independente do Gran Hotel realizado en cantería. Constrúese arredor do derradeiro terzo do século XIX.  Ao longo da súa historia tivo varios usos e albergou  oficios como ferrería, ebanistería, carpintería de construción, lavandería,  cocheira, imprenta… A súa función principal foi primeiro , a de dar servizo ao Balneario e posteriormente á embotelladora. Actualmente pertence ao Concello de Mondariz Balneario.

Cubre tuberías do Regato de Valdecide.  Realizada pola fábrica de fundición de Sanjurjo Badía, é un elemento que salva o obstáculo do regato de Valdecide para transportar a auga quente desde a Casa de Máquinas ata o Balneario.

Capela do  Balneario. Datada a finais do XIX  foi construída na honra da Virxe do Carme, patroa das augas. Actualmente é propiedade do Balneario de Mondariz.

Restos arqueolóxicos situados no bosque próximo á capela. Están datados como románicos e proceden de diversos templos da comarca.

Chalet de Dona María (coñecido como chalet nº3) e chalet de Don Luis (nº4).No bosque atopamos restos de dúas edificacións que foron construídas a finais do século XIX co fin de satisfacer as demandas dos clientes máis esixentes. Actualmente son de propiedade privada.

O Fonte da Gándara. En 1873 concédeselle á familia Peinador o permiso para usar as súas augas. O seu aspecto foi cambiando ao longo dos anos. A finais do século XIX estaba protexida por unha cuberta de fundición e posteriormente, nunha nova intervención, deuselle unha aparencia máis acorde co luxoso Gran Hotel. Este proxecto foi realizado polos arquitectos Palacios e Otamendi. Nel destacaban dúas partes claramente diferenciadas:  unha adicada á fábrica de embotellado e outra destinada a “tomar as augas”. A Fonte da Gándara convertirase a partir daquela nun símbolo do balneario e nun lugar de culto á saúde. Actualmente esta edificación pertence ao Balneario de Mondariz.

A Baranda. Este edificio, consecuencia da unión de varias construccións con distintos usos, é de comezos do século XX e obra de Antonio Palacios. De estilo modernista  amosa a corrente artística “Secesión Vienesa”. Actualmente é propiedade do Balneario de Mondariz.

O edificio Palacios ou Sanatorio. Iniciaronse as obras no 1909 e concluíronse na actualidade. A idea de D.Sabino Enrique era a de construir un edificio que servese para cubrir, a través da auga, as necesidades sanitarias dos visitantes. Pertence ao Balneario de Mondariz.

Na nosa vila termal os xardíns foron e son lugares esenciais para realizar actividades culturais e de ocio.  Os do Gran Hotel  modificáronse e adaptáronse ás novas necesidades  a medida que o balneario foi medrando. Detrás do hotel había unha horta sementada de hortalizas e atravesada por sendas peatonais. Nun extremo atopábase a estufa de multiplicación, que máis tarde convertiríase en invernadoiro, e a fachada principal erixíase sobre un parque con bancos rústicos e con avenidas espalladas de grandes tilos, coníferas, catalpas, pradairos, acacias e plantas exóticass. Este espazo, dotado de identidade propia e con funcións ben definidas dentro da vida balnearia, é un dos poucos exemplos da historia da xardinería galega onde interviu un profesional paisaxista, Darier. O xardín municipal do Concello de Mondariz Balneario, coñecido como Os xardíns do Gran Hotel, conta cunha ampla  diversidade botánica tanto en especies coma en variedades de cultivo.  Destacan a criptomeria japónica e unha parella de cupressus lusitanica, incluídas  no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Tamén resalta un espazo creado recentemente adicado á camelia. Estas están distribuídas en parterres e clasificadas por cultivares.

Os xardíns convertéronse nun espazo esencial onde os clientes poden dar saudables paseos e realizar actividades culturais e de ocio. Foron modificándose, tendo en conta as novas necesidades, a medida que o balneario ía medrando.

Invernadoiro do Gran Hotel: É no século XIX cando aparece nomeado en diferentes documentos. Sito á beira do regato de Valdecide e construído en ferro e granito, o seu deseño é de planta rectangular e ocupa unha superficie duns 120m2. Restaurouse recentemente e o seu propietario é o Concello de Mondariz Balneario.

Chalet de Don Jaime. Ubicado nos xardíns toma o seu nome do que fora administrador e contable da empresa Augas de Mondariz nas décadas anteriores ao incendio. Na planta baixa atopábase a carpintería e ebanistería e a primeira albergaba aos traballadores.

Cruceiro situado nos xardíns municipais . Datado polo cronista oficial Alfonso Paredes Pardo a mediados do 1960. Na base podemos observar a inscrición “Raul CC”

  • Fonte de Troncoso. Gómez de Bedoya  xa a menciona no 1772 na súa “Descripción de 54 fuentes minerales del reino de Galicia”. Pasou por diferentes fases e reformas; a intervención máis relevante, atribuída  a Antonio Palacios, realizouse cando a propiedade da fonte e o dereito de uso das augas pertencía á familia Peinador. A fonte componse de dúas partes: unha fabricada en cantería e outra en fundición. A fundición foi realizada pola empresa do ilustre inventor Sanjurjo Badía. Actualmente atópase en proceso  de restauración.

Área recreativa de As Pedras.  Á beira  do río Xabriña, no barrio de San Pedro, é un lugar  fermoso e tranquilo que conta cun merendeiro e que dá acceso á beira do río onde se poden atopar varios muíños de auga.

Penedo das tres cruces. Situado na área recreativa de As Pedras, poidera ser un monumento megalítico sagrado que probablemente se utilizase para realizar ceremonias e ritos paganos. Posteriormente foi cristianizado instalando sobre el tres cruces.

Capela de San Pedro. Situada no lugar de San Pedro está datada no século XIII e experimentou múltiples reformas no século XIX. Da súa primeira época só queda a cruz paté no cumio do tellado. Conta a tradición popular que no 1282 celebrouse nesta capela o enlace real entre o rei Don Dinis de Portugal, neto de Alfonso X o Sabio, e a infanta Isabel de Aragón.

Ao longo da historia, ademais do balneario, existiron outras edificacións dirixidas  ao aloxamento dos visitantes: hoteis, pensións, casas de hóspedes… Na actualidade, aínda  que con outros usos, seguen en pé algúns edificios que se adicaron a aloxar aos agüistas como o Hotel Avelino, Villa Flora, Hotel Continental, Hotel Roma, Quinta de Outón…

Máis de 40.000m² de entornos naturais

Na nosa vila termal os xardíns foron e son lugares esenciais para realizar actividades culturais e de ocio.  

Os do Gran Hotel  modificáronse e adaptáronse ás novas necesidades  a medida que o balneario foi medrando.

Detrás do hotel había unha horta sementada de hortalizas e atravesada por sendas peatonais. Nun extremo atopábase a estufa de multiplicación, que máis tarde convertiríase en invernadoiro, e a fachada principal erixíase sobre un parque con bancos rústicos e con avenidas espalladas de grandes tilos, coníferas, catalpas, pradairos, acacias e plantas exóticass.
Este espazo, dotado de identidade propia e con funcións ben definidas dentro da vida balnearia, é un dos poucos exemplos da historia da xardinería galega onde interviu un profesional paisaxista, 
Darier

O xardín municipal do Concello de Mondariz Balneario, coñecido como Os xardíns do Gran Hotel, conta cunha ampla  diversidade botánica tanto en especies coma en variedades de cultivo.  Destacan a criptomeria japónica e unha parella de cupressus lusitanica, incluídas  no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Tamén resalta un espazo creado recentemente adicado á camelia. Estas están distribuídas en parterres e clasificadas por cultivares.

Os xardíns convertéronse nun espazo esencial onde os clientes poden dar saudables paseos e realizar actividades culturais e de ocio. Foron modificándose, tendo en conta as novas necesidades, a medida que o balneario ía medrando.

Invernadoiro do Gran Hotel: É no século XIX cando aparece nomeado en diferentes documentos. Sito á beira do regato de Valdecide e construído en ferro e granito, o seu deseño é de planta rectangular e ocupa unha superficie duns 120m2. Restaurouse recentemente e o seu propietario é o Concello de Mondariz Balneario.

Chalet de Don Jaime. Ubicado nos xardíns toma o seu nome do que fora administrador e contable da empresa Augas de Mondariz nas décadas anteriores ao incendio. Na planta baixa atopábase a carpintería e ebanistería e a primeira albergaba aos traballadores.

Cruceiro situado nos xardíns municipais . Datado polo cronista oficial Alfonso Paredes Pardo a mediados do 1960. Na base podemos observar a inscrición “Raul CC”

Turismo Verde

Natureza en estado puro

Os nosos servizos

Equimamentos e Servizos.

Festas e tradiccións

Datas salientables

Como reflexo da nosa cultura e  tradición, celébranse diversas festas, romarías e eventos: 

    • San Brais (3 de febreiro)
    • Nosa Señora de Lurdes (11 de febreiro)
    • Festas do Carme (16 de xullo),
    • Romaría de San Brais,
    • Romaría do Xabriña (fin de semana próximo a  festividade de San Pedro),
    • La temporada” (mediados de setembro),
    • Mostra de Petiscos,
    • Campionato de Fútbol Sala (verán),
    • Competicións de piragüismo…

Descargas

Novas turismo