A compañía de teatro infantil Baobab chega este ano a Mondariz-Balneario a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes cun espectáculo para a cativada, que foi galardoado co premio Barriga Verde de textos teatrais en galego. O lobo e a lúa é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Ninguén é tan bo como aparenta nin tan malo como parece. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da LÚA. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor.
Artigos recentes
- Primeira edición do concurso de fotografía “Mondariz Balneario no Foco”
- SUBVENCIÓN PARA O FINANCIAMENTO DOS CUSTOS DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE INFORMACIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO NAS OFICINAS DE TURISMO ADHERIDAS Á REDE DE OFICINAS DE TURISMO INFO RIASBAIXAS NO ANO 2024
- SAMAIN 2024
- ACONDICIONAMENTO DA PLANTA PRIMEIRA PARA SALAS MULTIUSOS, ENRIQUE BEOTAS, 2
- Subvención para o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos.