Ao Abeiro do Plan Concellos para a activación do emprego 2023 (Liña 3), a Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Mondariz Balneario un importe global de 59.928,96 € para a contratación de 1 técnico/a de turismo en xornada de 37,5 h./sem. durante 6 meses; 4 peóns de construción e 4 peóns forestais en xornada de 25 h./sem. durante 6 meses.
O Concello realizará a selección do persoal a través dos Servizos Públicos de Emprego entre persoas desempregadas, con suxeición ás Bases reguladoras de dito Plan Concellos.