O Concello solicitou á Deputación Provincial de Pontevedra unha subvención dentro da Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2020 para:
“ACONDICIONAMENTO DO PAVIMENTO DAS PISTAS DEPORTIVAS, MONDARIZ BALNEARIO”.
- Obxecto: Continuando coa política de mellora das instalacións do Concello contémplase a necesidade de executar a obra de reparación do pavimento das pistas deportivas no Paseo de Enrique Peinador.
- Importe concedido: 44.882,85 €.
- Adxudicatario: EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES LAUREANO COVELO S.A.
- Execución: 1 mes.