O Concello de Mondariz Balneario recibiu da Deputación de Pontevedra, dentro da anualidade 2022 do Plan Concellos, a cantidade de 12.100,00 euros, para a realización da actuación “Melloras dos xardíns do Gran Hotel”, cun orzamento por importe de 14.550,76 euros.

A actuación situada nas ruinas da lavandería foi encamiñada a que a traza e disposición de cada un dos elementos do xardín perduren e se consoliden no tempo, tal e como foron concibidos, ademais de contribuír ao embelecemento e mellora do valor botánico e ornamental dos elementos que o integran, considerando o uso público previsto.