O Concello de Mondariz Balneario recibiu da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda unha subvención dentro da Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, para:
“Mellora e mantemento contorna das Tres Pontes”
Obxecto: preténdese realizar unha mellora na contorna do Parque das Tres Pontes con tres actuacións diferenciadas.
Por unha banda preténdese acometer unha senda de acceso á construcción denomidada “Matadoiro”, acondicionando o espazo lindante, e dispoñendo ademais dun área de esparcemento.
A segunda das actuacións é a mellora da seguridade na senda do río Xabriña que une o noso concello co de Mondariz.
A última das actuacións é dotar o acceso á plaia fluvial das medidas de seguridade necesarias.