O Concello de Mondariz Balneario recibiu da Deputación de Pontevedra, dentro da anualidade 2023 do Plan Concellos, a cantidade de 35.918,49 euros, para a realización da actuación “Instalación do alumeado exterior no Camiño Espiñedo”, cun orzamento polo mesmo importe.

As obras consistiron na instalación do servizo de iluminación no Camiño Espinedo, que anteriormente carecía de iluminación. Permitirán entre outros alcanzar os seguintes obxectivos económicos e ambientais:

  • Aforro a nivel de consumo, grazas ao seu baixo consumo.
  • Aforro a nivel de mantemento e sustitución, xa que a tecnoloxía LED ten unha duración de ata 50.000 horas de funcionamento.