/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Subvención da Deputación de Pontevedra para actividades culturais | Concello de Mondariz Balneario

No marco do Plan Concellos 2022-2023, dentro da Liña 2, Gastos Correntes, a Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Mondariz Balneario un importe global de 6.528,48 € para a realización de actividades culturais.

Con cargo a este Plan, o Concello organizará nos xardíns do Gran Hotel un ciclo de “Cine de verán” que amenizará as calorosas noites estivais, aproximando a cultura audiovisual á vila.

En segundo lugar, programará tres actividades representativas de tres ramas diferentes de interese cultural; o contacontos “Planeta LGTBIQ” centrado na diversidade sexual e na aceptación do diferente, nos valores afectivos e morais que desenvolverán a personalidade e fomentará actitudes coma a igualdade, a solidariedade e o respecto cara a tódolos colectivos; un concerto musical “Rockeando con Ramona órbita”, focalizado na figura da muller na ciencia, e no empoderamento feminino; e finalmente unha actividade de recreación, de animación de rúa e circo “Malabaridades”.

Haberá tamén una actividade de rúa, de teatro e maxia a cargo da empresa Cultura Activa en representación de Dani García, co seu espectáculo de maxia “Don Gelati”.

Por último, realizaráse unha “Festa de animación infantil” a cargo da empresa Festa á Esgalla con inchables e xogos.