Servizo de atención temperá

Que é a Atención Temperá?

A atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Que son os trastornos do desenvolvemento?

Son situacións nas que, como consecuencia dunha alteración das estruturas ou funcións corporais, de restricións na participación social ou a causa de factores do contorno, se produce unha desviación ou atraso significativo no desenvolvemento das capacidades, adquisicións e recursos persoais típicos nos nenos e nenas

Que prestacións se ofrece as familias de:

1º. Diagnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento.
2º. Desenvolvemento psicomotor.
3º. Desenvolvemento cognitivo.
4º. Desenvolvemento da linguaxe e comunicación.
5º. Desenvolvemento da autonomía.
6º. Desenvolvemento da área social e afectiva.
7º. Apoio, información, habilitación e formación da familia.

A quen se dirixe a atención temperá?

Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situacións de risco de padecelos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, así como ás súas familias e ao seu contorno.

Cal é o procedemento para recibir atención temperá?

A familia deberá acudir ao servizo de pediatría do centro de saúde que lle corresponda e informará o pediatra da sospeita de trastorno do desenvolvemento. Será este profesional quen fará o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á
unidade de atención temperá máis axeitada para o caso.

UNIDADE DE ATENCION TEMPERA DE A CAÑIZA ,COVELO, MELÓN , MONDARIZ E MONDARIZ BALNEARIO

  • Servizo Atención Temperá A Cañiza e Melón: Rúa Progreso, 21, 1º Andar (36880) A Cañiza, Pontevedra.(edificio multiusos) Xoves e Venres.
  • Servizo Atención Temperá Mondariz e Mondariz Balneario: Rúa Miguel Angel Blanco, 1, 1º Andar (36890) Mondariz, Pontevedra. Luns e Martes.
  • Servizo Atención Temperá Covelo: Lugar Maceira, s/n (36873) Covelo, Pontevedra. Mércores. Teléfono de contacto: 657 37 97 88.