O Concello de Mondariz Balneario acolleuse á convocatoria dunha subvención ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, do proxecto “+emprega nos concellos” para financiar contratos formativos, da Deputación de Pontevedra publicadas no Boletín Oficial da Provincia núm. 152, de data 6 de agosto de 2024, para a contratación en réxime temporal, polo prazo de 1 ano, do persoal seguinte:
Un/ha (1) graduado/a en dirección e xestión pública, ou equivalente, ou no seu defecto, en dereito ou administración e dirección de empresas.