O vindeiro 31 de outubro imos celebrar o Samaín na vila. Comezaremos ás 19.00 horas nos soportais do concello co roteiro “Truco ou trato”, percorremos a vila recollendo lambetadas, e ao finalizar reunirémonos na praza de abastos, onde haberá chocolate, rosca e moito baile. Todas as persoas participantes deberán vir disfrazadas.
Actividade de balde e con prazas limitadas para a cativada de 0 a 15 anos.
Ten preferencia a cativada empadroada no concello de Mondariz-Balneario. Todos os/as menores deberán vir acompañados/as dunha persoa adulta.
Para participar é obrigatorio inscribirse enviando un correo a mondarizbalneario.rbgalicia@eidolocal.es indicando nome e apelidos das persoas participantes, idades, si está ou non empadroado neste concello e un teléfono de contacto. Poderase requerir a documentación pertinente para a comprobación dos datos.
Prazo de inscrición do 3 ao 25 de outubro.