O Concello de Mondariz Balneario está elaborando o II Plan de igualdade (2024-2028). Como requisito imprescindible para tal fin, elaborouse unha diagnose da situación actual da igualdade no concello a partir da información achegada propuxéronse uns obxectivos e actuacións que formaran parte do II Plan de Igualdade.
Antes de proceder a elaboración definitiva, e aprobación polo Pleno Municipal, quereremos recoller e ampliar o maior número de achegas posibles para facer participe a toda a cidadanía.
Por conseguinte, invitámoslle a que visualice o resumo da elaboración do II Plan e formule as achegas e suxestións que considere necesarias para a mellora da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na súa vila.
As achegas poderanse presentar a través do email: ssociais@mondarizbalneario.es ou no rexistro do concello de Mondariz Balneario. O prazo final de recepción remata o venres 26 de xaneiro ás 14:00 h.