A deputación de Pontevedra mediante o Plan Máis Provincia 2024 – Liña 1 concedeulle o ao Concello de Mondariz Balneario a cantidade de 46.967,59€ para “Renovación rede saneamento Rúa Escobeiro”. Neste caso a subvención dividese en 39.707,59 € de execución de obra, 3.630,00 € de honorarios de redacción de proxecto e 3.630,00 € de honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde. As actuacións pasan por rehabilitar a tubaxe existente e reparar os pozos existentes. Con esta actuación, evítanse demolicións de pavimentos e de tubaxes e pozos existentes, sendo na actuación moito máis respectuosa co medioambiente, ao non xerarse apenas residuos e reutilizar conducións antigas. A tubaxe, proponse reparar cun sistema de encamisado con manga continua auto portante, composta de fibra de vidro e redes de poliéster solapadas entre si, preimpregnada de fábrica con resinas e curada en obra con raios ultravioleta. Con esta actuación, a tubaxe obtería mellor coeficiente de rugosidadedo colector aumentando a súa capacidade hidráulica e ademais mellora as condicións de resistencia a flexotracción, obténdose mellores valores que un colector de PVC.

