Créanse puntos centralizados para o depósito por parte dos cidadáns daqueles residuos recollidos selectivamente para os que sexa necesaria unha xestión específica, polo seu tamaño, residuos voluminosos, ou a súa composición, pilas, disolventes e outros materiais. Os obxectivos principias de estas instalacións son:
● Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
● Evitar o verquido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
● Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc
O punto limpo é un recinto de recollida e xestión de residuos producidos no ámbito domiciliario. (Para os residuos producidos no ámbito industrial, a Xunta conta cós Centros Verdes).