A programación da cabalgata de Reis de Mondariz-Balneario comenzará hoxe ás 17.00 horas e incluirá a actuación do Rancho de Reis de Riofrío na sala de cultura do concello.

A comitiva Real partirá ás 17.00 horas do colexio Cemar e está previsto que chegue sobre as 17.10 á sala de cultura do concello de Mondariz-Balneario,  onde se fará a entrega da chave da vila a Melchor, Gaspar e Baltasar. Ao remate, a cabalgata seguirá camiño ate o concello de Mondariz e sobre as 18.00 horas toda a cativada poderá desprazarse ao pavillón municipal de Mondariz  onde haberá inchables.

Adxunto: reis magos 2023