O Concello de Mondariz Balneario informa do Programa galego de detección precoz do cancro de mama da Xunta de Galicia para o que se pon a disposición das usuarias un transporte de balde para facilitarlle o acceso ata a Unidade de Exploración sita no Hospital Meixoeiro, Consultas Externas planta -1, Vigo.
O horario do transporte será o día 6 de xullo ás 8:00 e ás 11:30 na parada regular do autobús de Mondariz Balneario. O uso do transporte non é obrigatorio, polo que, se o desexan, poden acudir polos seus propios medios á cita que se lle achegue.
Télefono de información: 981 14 14 14