O programa “Depotermal”, ten como finalidade fomentar o envellecemento activo en establecementos hosteleiros de As Rías Baixas (como balnearios, talasos ou spa).
MODALIDADES:
Dúas modalidades: unha de asistencia diaria a balnearios durante cinco mañás ou tardes consecutivas e outra con pernoctación en réximen de pensión completa, de domingo a venres.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
Podrán beneficiarse de este plan as persoas empadronadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermedade ou patoloxía incompatible cas actividades.
REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:
Ter nado antes do1 de xaneiro de 1973. En caso de ter nacido o 1 de xaneiro de 1973 ou nunha data posterior deberá producirse algunha das seguintes circunstancias:
- Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará ca tarxeta ou o certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
- Ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viudedade ou outras pensións. As persoas solicitantes deberán presentar unha fotocopia do certificado correspondente.
- Terlle acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do seu concello, un respiro familiar.
- Estar empadroadas na provincia de Pontevedra.
- Non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible ca actividade do programa.
- Non padecer alteracións do comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
- Ser unha persoa autónoma para realizar as actividades elementais da vida diaria.
- No caso de persoas con discapacidade, non terlle recoñecido a necesidade de asistencia duna terceira persoa.
Se algunha parella desexa participar no programa de forma conxunta, a solicitude deberá ser individualizada (unha por persoa) e deberase indicar no apartado de observacións que desexan participar no programa conxuntamente. Así mesmo, cómpre que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nas bases.
PREZOS:
A Deputación subvencionará ata un máximo de 128,57 € por praza.
A subvención que percibirá cada persoa solicitante calcularase en función da súa renda persoal de forma individual e mensual, de acordo aos tramos establecidos (tómase como referencia o salario mínimo interprofesional, SMI)
LUGAR E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, mediante o formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.
Cada participante deberá presentar unha solicitude individual —inclusive naqueles supostos nos que sexan persoas casadas, parellas de feito ou situacións análogas, persoas convivintes no mesmo domicilio, persoas con vínculos familiares, de amizade ou afinidade, entre outros—, de xeito que cada persoa ten que realizar a súa propia solicitude. Deberán sinalar unicamente un establecemento termal para cada modalidade do programa e asinarse debidamente.
Independentemente da obriga de que cada solicitante formule a súa propia solicitude de xeito individual, aquelas persoas que desexen participar nas mesmas datas e no mesmo establecemento hostaleiro, ben sexa en réxime diúrno ou con pernoita, deben indicar no apartado “Observacións” da solicitude o nome, os apelidos e o DNI da persoa ou das persoas coas que queren asistir.
PRAZO SOLICITUDES:
Desde o luns 10 de abril ata o vindeiro 8 de maio.
RELACIÓN DE PERSOAS ADMITIDAS
Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase no BOPPO e na páxina web da Deputación de Pontevedra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, xunto coas causas de exclusión destas últimas.
Unha vez publicada a lista provisional, concederase un prazo de dez (10) días hábiles para emendar os erros da solicitude e achegar a documentación requirida que falte; transcorrido este, publicarase a lista definitiva.