O Concello de Mondariz Balneario recibe unha subvención da Deputación de Pontevedra, no marco do Plan +Provincia para activación do emprego, por un importe de 60.089,03€. A esta axuda sumaráselle unha achega significativa de 24.118,42€ de fondos propios municipais, o que permitirá cubrir os custos de contratación de 2 peóns de construción, 5 peóns forestais e 1 peón de xardinería, todos eles a xornada parcial de 30 horas semanais durante 6 meses, así como 1 técnico/a de turismo a xornada completa durante o mesmo período. A achega municipal contribúe á xeración de emprego, ao tempo que supón unha mellora nas condicións laborais dos traballadores, ao dotar de xornadas laborais máis amplas, reprecutindo de forma directa na calidade e mellora do servizo prestado á veciñanza.