EN QUE CONSISTE?
Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia desde xullo ata decembro de 2025.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
O programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos, xunto a un acompañante. No caso de ter un fillo/a con discapacidade igual ou superior ao 33% tamén podería acompañar.
CAL É O PRAZO DE INSCRICIÓN?
Do 17 de xuño ata o 15 de xullo de 2025.