A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a proba de acceso á universidade para as persoas maiores de 25 anos, correspondente ao ano 2023, no ámbito das tres universidades públicas de Galicia.
O prazo de matrícula será do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro, ambos os dous inclusive.
O alumnado matriculado realizará os exames en chamamentos únicos:
– os da fase xeral o venres 24 de febreiro, a partir das 8:30 horas
– os da fase específica o venres 10 de marzo, a partir das 8:30 horas.
Os exames realizaranse no Edificio Fontán situado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela
Máis información en https://ciug.gal/PDF/M25_2023/convocatoria_m25.pdf