A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segunda edición de Primavera Xove, un programa que busca xerar espazos para un ocio educativo seguro, divertido, formativo e favorecedor da transferencia de valores e coñecemento.
Primavera Xove levarase a cabo entre os meses de abril e maio. Está composto por tres formatos de accións diferentes que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas, con independencia da súa idade:
- Programa de Semana Santa e de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos.
- Encontros formativos e de networking nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.
- Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia.
O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 17 anos. O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións é de 20, agás no caso da quenda de Semana Santa de Manzaneda, que será de 40 prazas.
Inscricións: dende o 25 de marzo ás 12.30 horas.
Consulta todas as condicións de participación, requisitos e información sobre o programa nesta ligazón.