PARTICIPANTES:
Poden participar as persoas mozas galegas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:
- As persoas nacidas no ano 2014 deberán ter feitos os 9 anos no momento do inicio do campamento.
- As persoas nacidas no ano 2005 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento..
Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano. A praza adxudicada será intransferible.
PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% deberán facer constar esta circunstancia no formulario de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.
SERVIZOS OFERTADOS:
- Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
- Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- O material necesario para a actividade.
- Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
- No caso dos intercambios con outras comunidades autónomas: o transporte desde Santiago de Compostela ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
QUENDAS: durante os meses de xullo, agosto e setembro.
PREZOS:
Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I (alíneas A, B e C) desta orde. Os prezos dos servizos ofertados nesta orde aparecen recollidos no anexo I da Orde do 16 de abril de 2018.
Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa, así como as familias monoparentais, terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un desconto do 25%.
DOCUMENTACIÓN:
A solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de grupos de ata catro irmáns ou menores en acollemento). A solicitude múltiple só se poderá empregar para o suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e quenda. No momento da adxudicación da praza desde a lista de agarda xa se teñen en conta como individuais.
Cada persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I da orde de convocatoria).
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
- Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
- Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
- Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
PRAZO DE SOLICITUDE:
Desde o 18 de abril ata o 2 de maio de 2023.
MÁIS INFORMACIÓN: