/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Plan de formación de Xuventude e Voluntariado | Concello de Mondariz Balneario

A Xunta de Galicia pon en marcha un Plan de formación de Xuventude e Voluntariado que chegará a máis de 2400 persoas de toda a comunidade. Esta iniciativa inclue un total de 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria

A ampla oferta formativa ofrece contidos en temas de actualidade e de interese para a mocidade como as habilidades para a empregabilidade e o liderado, recursos para o emprendemento no rural, educación emocional, a dixitalización, recursos para un ocio inclusivo, formación en actividades náuticas, eSports, deseño 3D, robótica, temas audiovisuais, condución segura, etc.

O prazo de inscrición comeza o día 11 de abril de 2022 a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos.

Mais información

Descarga aquí o plan de formación