A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta un Plan de formación no ámbito da acción voluntaria e do asociacionismo xuvenil en Galicia, coa finalidade de ofrecer formación en liña e presencial en materia de voluntariado e xuventude no último cuatrimestre deste ano.

O Plan está conformado por 10 cursos presenciais, 22 cursos en liña e 10 cursos mixtos, cun total de 2.395 prazas.

As prazas para cada un dos cursos outorgaranse por rigorosa orde de inscrición, atendendo ás especificacións indicadas. Os formularios de inscrición (un por cada curso) estarán dispoñibles no campus en liña da páxina web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.orgdesde as 9.00 horas do luns 11 de setembro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un deles.

Podes consultar os cursos no seguinte enlace

http://xuventude.xunta.es/images/PLAN_FORMAC_DXXPV_2023.pdf