/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Plan Concellos 2022-2023, liña 3 | Concello de Mondariz Balneario

No marco do Plan Concellos 2022-2023, dentro da Liña 3, emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, a Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Mondariz Balneario un importe global de 51.766,14 € para a contratación de 1 condutor/a a xornada completa durante 6 meses; 3 peóns forestais e 4 peóns de construción en xornada de 25 h./sem. durante 6 meses.