Co financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do seu programa de subvencións do Plan Concellos 2019, Liña 3 Emprego para Conservación de Bens e servizos Municipais, o Concello de Mondariz Balneario procederá a contratación de 10 traballadores. O custo total das contratación será de 57.219,28 euros.

As contratación realizaranse en dúas fases, a primeira, que incluirá a 5 traballadores iniciarase o día 1 de abril de 2019, e a segunda, que incluirá outros 5, iniciarase o día 1 de xullo de 2019.
Con estas contratación pretendese realizar labores de conservación, mantemento e mellora dos bens municipais afectos á prestación dos diferentes servizos que polo Concello se prestan.

>> Ver Cartel